Pregunta taxa plusvalía

No tocante á vivenda o Concello de Santiago aínda ten moito que facer para garantir este dereito constitucional ás veciñas e veciños, como por exemplo executar a nosas propostas dunha axencia municipal de aluguer social, a de xestión pública das vivendas dos bancos e caixas nacionalizadas ou, por exemplo, a proposta de axudas ao pago da hipoteca ou do alugueiro social en situacións de emerxencia social.

Mais mentres non se leve a cabo esta e outras medidas, e a nivel do estado ou galego non se lexisle debidamente para evitar que as leis defendan aos intereses especuladores e non á cidadanía, é de dominio público que un dos maiores problemas cidadáns son os desafiuzamentos da vivenda habitual que milleiros de persoas están a sufrir.

Ademais deste grave feito, engádese outra circunstancia ignorada polas propias persoas que se ven afectadas por procesos de desafiuzamentos: o pago do imposto municipal da plusvalía da vivenda da que foron ou poden ser desafiuzadas. Moitos concellos están aplicando este tributo fondamente inxusto e aumenta a intranquilidade das persoas xa abafadas por recortes de todo tipo.

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela é obvio, se é que non acontece xa en Santiago, que hai que eximir do imposto de plusvalía ás persoas afectadas polos desafiuzamentos das vivendas habituais, e modificar a ordenanza fiscal pertinente para designar ás entidades bancarias executoras do desafiuzamento como suxeitos pasivos do imposto.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

1. Cobra o Concello a taxa de plusvalía municipal por desafiuzamentos ou dación en pago da vivenda habitual ás persoas afectadas?

2. En caso afirmativo, ten previsto o Concello deixar de cobrar o imposto municipal de plusvalía á cidadanía afectada polos desafiuzamentos e realizar os cambios precisos na lexislación local?

3. En caso de que non o faga xa, ten previsto o Concello designar as entidades bancarias que levan a cabo os desafiuzamentos como suxeitos pasivos deste imposto?

Relacionados