compostela.gif - 5.83 Kb

Pregunta vivendas Xoán XXIII

 

Por este motivo dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela vemos con preocupación como o proxecto de pisos en aluguer en Xoán XXIII esmorece ante a desidia das distintas Administracións Públicas, mais se cabe se a propia concelleira de urbanismo, María Pardo, recoñece que as eivas, que parecen evitar a construción destas vivendas públicas, son “totalmente subsanables”

 

Tal e como reflictimos no noso programa, é necesario crear un parque público de vivendas en réxime de aluguer atendendo a un criterio de dispersión dentro do recinto urbano, reservando, en base á demanda, un número determinado de vivendas adaptadas para axudar á autonomía das persoas con discapacidade.

 

Polo que recibimos con desagrado as medidas que, ata o de agora, está a realizar o PP en materia de vivenda na cidade pois, amén de non ter vontade política en realizar o proxecto de Xoán XXII, fomenta o desprestixo e desmantelamento de EMUVISSA, que se ben era necesario mellorar non quere dicir que se deba deixar o urbanismo nas mans da xestión privada, ou a última medida colaborar na utilización especulativa da Finca do Espiño, actitude en prol do lucro privado que agardamos non se traslade a outras zonas da cidade, como o mencionado proxecto de vivendas de aluguer social.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela realiza as seguintes preguntas para a súa resposta por escrito:

 

1)    Cales son as intencións do Concello con respecto ó proxecto de vivendas públicas en aluguer en Xoán XXII? Por que non realiza todas as xestións posibles para avanzar o antes posible na consecución desta edificación?

 

2)    Cales son as medidas que ten previsto levar a cabo o Concello para fomentar o aluguer social na cidade?

Relacionados