Esquerda Unida solicita ao Goberno municipal que inste a Fenosa a arranxar as súas tapas de rexistros.
Dende finais do ano 2010 as devanditas tapas emiten un son estridente e molesto ruído para a veciñanza cada vez que un vehículo pasa por enriba delas. As principais queixas veñen da zona que transcorre polo paseo marítimo de Riazor cara ao barrio de Monte Alto, como por exemplo a que se atopa á altura do hotel Riazor, ou na Avda. de Hércules á altura do Nº 62.
Por ese motivo o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou unha pregunta de resposta escrita sobre os ruídos que provocan as tapas de rexistros da subministradora eléctrica.
Segundo informan algúns veciños e veciñas, en diversas ocasións puxéronse en contacto co departamento correspondente da Concellería de Urbanismo para dar conta do devandito problema.
A resposta do Concello diante destas denuncias cidadás é que a empresa subministradora de enerxía eléctrica foi requirida en distintas ocasións para que resolvese o problema, mais en ningún momento arranxouse.
O voceiro de EU-V, César Santiso, preguntouse “o Goberno anterior tiña coñecemento desta eiva e non fixo nada, dobregarase tamén este Goberno tamén diante da empresa?”