Preocupación polo paro en Ponteareas

 

O coordinador de EU de Ponteareas e cabeza de lista as eleccións municipais Xosé Henrique González Lago califica os datos do mes de decembro como un novo fracaso nas políticas de emprego, e considera que os novos 55 parados confirman que as políticas levadas a cabo son totalmente erróneas.

 

Aínda que no conxunto do estado o paro supuxo unha pequena reducción os datos en Galicia e concretamente en Ponteareas desvelan o contrario, pasamos de ter 2608 a 2663 un total de 55 novos parados/as nas nosas listas do INEN.

 

A cinco meses vista das eleccións municipais, e logo das brutais reformas por parte do Goberno apoiadas polo PSOE de Pancho Candeira en Ponteareas non se crea emprego, todo o contrario se destrúe aínda mais.

 

As subidas indiscriminadas dos impostos, e dos servizos básicos dos cidadáns como o gas,luz, e a retirada da prestación dos 420 euros os parados, certifica que PSOE púxose o servizo do CAPITAL e que “a luz que miraban o final do túnel en referencia o 2010, era o incremento do 10% para o benéfico das eléctricas aplicada este ano”.

 

Para González Lago, a presencia na corporación de grupos políticos independentes, significou aínda mais o empobrecemento da clase traballadora xa que estes so se presentan os comicios municipais para resolver os problemas das súas empresas,especular e sobre todo crear redes clientelares de corrupción.

 

Martes 4 de xaneiro 2011

 

Coordinador de EU Ponteareas

Relacionados