Presentación Candidatura

Nese contexto libertario, ao aire libre e ante os medios e todas as persoas que quixeron achegarse a escoitar debulláronse as liñas mestras e propostas políticas da coalición anticapitalista para frear o estado de excepción ao que nos vemos sometidos pola “troika” externa e interna. Para dar voz ás paradas, pensionistas, precarias e estudantes expulsando aos especuladores, ladróns e mercenarios económicos das institucións políticas galegas. Para sair da crise opóndonos as medidas da Unión Europea e o FMI e construir unha sociedade verdadeiramente democrática.

 

David Fernández Calviño, Carmen Iglesias Sueiro, Iolanda Pérez Docampo e Jon Sáez García encabezan unha lista chamada a ilusionar e revolucionar unha terra afogada polo caciquismo e a dereita máis liberal. Levar o malestar da rúa e a alternativa anticapitalista ao Parlamento Galego e do mesmo xeito que a Syriza grega, demostrar firmemente que o pobo non pensa pagar sen loitar a grande estafa económica e social que uns cantos iluminados deron en chamar “crise”.

Relacionados