Presentación candidatura

 

O Centro Cultural Torrente, sinal distintivo da nosa xestión a prol  dunha cidade afincada na cultura  máis contemporánea e alternativa, albergará o acto público de presentación dunha candidatura fornecida e anovada, quen de conectar coas arelas e demandas da cidadanía crítica e alternativa.

 

Queremos achegar unha proposta quen de producir ilusión  no  ámbito  da esquerda nacional galega, cun programa municipal situado na esquerda alternativa e con persoas cunha  probada  capacidade de xestión e de resolución das problemáticas que ten a nosa cidade.

 

Programa e candidatura que constitúen os elos claves para afirmar e redobrar o noso compromiso de traballo coa maioría social traballadora da nosa cidade.

Relacionados