Presentación de Alternativa Galega de Esquerda

O profesor Beiras destacou a súa “excesiva veteranía” e a capacidade de combate de Yolanda, unha nai preparada que resolve os seus medios de vida co seu traballo profesional como avogada. Yolanda representa o futuro, Beiras o compromiso coa emerxencia.

“Sería máis interesante que no parlamento estivésedes todos vos”, sinalaron, pois o tándem Beiras-Yolanda aposta pola soberanía cidadá para combater a Troika Interna que expropiou o futuro de Galicia. “Estamos aquí ante un inimigo perverso, pero tamén estatal, europeo e mundial. A emerxencia prima sobre calquera interese partidario”.

A mensaxe é clara, as urnas están abertas. Alternativa Galega de Esquerda aposta pola ruptura absoluta. E vai loitar por revolucionar o país.

Relacionados