Ademáis ESQUERDA UNIDA presentou unha moción na víspera do 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero que enfatiza a importancia de que, tamén nos concellos, se leven a cabo políticas de igualdade en base a planeamentos concretos e actuacións como a elaboración dun plan integral contra a violencia de xénero con dotación económica para a súa axeitada execución e para garantir que existan os recursos necesarios para as mulleres víctimas de violencia.
Igualmente EU solicita que o concello, non permita nos medios de comunicación locais, escritos, radiados ou televisados, que se aldraxe a imaxe das mulleres, nin que sexan obxecto de obxectualización e discriminación. Desta maneira tampouco se debería financiar con cartos municipais a xornais que conteñan “anuncios de contactos” nin as emisión onde aparezcan as mulleres como obxectos de consumo sexual.
Esquerda Unida participará na manifestación do 25 DE NOVEMBRO convocada por diversos colectivos feministas en Vigo.