Contamos no mesmo coa presencia de Yolanda Díaz e de Rubén Pérez, coordinador de Esquerda Unida de Vigo. Nun principio estaba tamén invitada a participar Eva Solla, Deputada no Parlamento galego, pero por enfermidade grave dun familiar non poido asistir.
Foron invitados a este acto representacións de sindicatos, asociacións de viciños, culturais, Ampas, e doutros partidos políticos.
A asistencia ao acto foi moi boa, e os compañeiros e compañeiras de Esquerda Unida o Porriño quedamos máis que satisfeitos co desenrolo do mesmo, que tivo eco na prensa local.
Reafirmamos pois a nosa presencia nesta vila, no que xa obtivemos resultados nas eleccións autonómicas excelentes pois no casco urbano logramos ser a segunda forza política, e no conxunto do Concello a terceira, superando ao Bloque Nacionalista Galego.
Pretendemos, pois, convertemos na alternativa de esquerda neste concello tan castigado pola crise e tan necesitado dunha renovación dunha institución tan importante para a cidadanía como o é o Concello.
Sen máis, aproveito para desexarvos o mellor, unha aperta,
Pedro Ocampo Cardalda
Coordinador de Esquerda Unida de O Porriño