Presentación libro: La memoria democrática en los libros de texto escolares. La asignatura pendiente

No marco do 90 aniversario da proclamación da II República,  este venres 16 de abril ás 18,30 a través das nosas redes sociais, temos prevista unha conversa online da nosa coordinadora Eva Solla co compañeiro Enrique Díez na que falaremos de memoria democrática e presentará o seu libro:

La memoria democrática en los libros de texto escolares. LA ASIGNATURA PENDIENTE

Os mecanismos de construción social da democracia colectiva, o silencio, o medo e o olvido que impuxo a ditadura franquista aínda se poden percibir nas páxinas dos libros de texto. Hoxe en día o auxe do fascismo alenta a partidos conservadores e neoliberais a sumarse aos postulados negacionistas e a acusar de “adoutrinamento” ou de “reabrir vellas feridas” a quen pretender recuperar a memoria histórica.

Relacionados