20110312ruben copiar.gif - 14.98 Kb

Presentación Rubén Pérez

 

O acto realizouse no Hotel Ensenada (Rúa Alfonso XIII),  comezou a intervención o profesor Alonso Montero lembrando que a candidatura de Vigo é unha lista de xovenes e veteranos, e que participa co nº 28. Destacou na súa intervención que todos temos que recuperar a Memoria Republicana (Chamada Memoria Histórica), que os camaradas temos que saír a rúa coa dignidade do ser humano e defender a dignidade do traballo, tendo presente os principios e ideais de Esquerda Unida. Fixo unha proposta ao camarada Rubén para que fixera un chamamento aos antigos camaradas, simpatizantes que están desvinculados de Esquerda Unida dado que hoxe temos unha boa situación motivada polo fracaso do capital e aniquilamento dos dereitos laborais dos traballadores.

 

Ruben destacou que Esquerda Unida esta en contra dos xestores nos concellos, o que conta é un programa electoral con ideoloxía, valores e que sexa o instrumento para lexislar para a maioría que somos un 80%. Lembrou que Esquerda Unida esta en contacto coas asociacións sociais, culturais, deportivas…etc, para visualizar, elaborar o programa electoral de forma colectiva. Esquerda Unida realizará unha campaña preto da cidadanía renunciando o despilfarro da grande publicidade para dar exemplo en aforro. Realizara unha política de transparencia e que fará público todo gasto de propaganda que fai o concello de Vigo na prensa diaria, e levantará a alfombra para que a cidadanía sexa consciente do trapicheo municipal. Que o voto para Esquerda Unida é o único voto que defenderá os  servizos sociais e que non podemos renunciar a os servizos públicos como a ensinanza, sanidade, transporte …etc.

 

Rematou a intervención o camarada e Secretario Xeral do partido Comunista de España e membro da presidencia federal de IU José Luís Centella que lembrou a errática política do PSOE  que lexislou encontra dos traballadores incumprindo o programa electoral, lembrou que os dereitos sociais non son un privilexio son un dereito para a cidadanía, e non podemos renunciar, queren impornos unha ditadura tecnocrática. Dende Esquerda Unida temos que facer a luta pola democracia e recuperar a política, recuperación da reforma fiscal e reforma contra o fraude fiscal, o diñeiro esta en algún lado non se evaporou. Afirmou que a crise ten culpables, que a crise é o éxito do capital, esta claro que o capital non resolve os problemas da humanidade, que ZP non pediu contas aos bancos senón todo o contrario deulles mais cartos.

 

Que temos que insistir que a cidadanía se implique na política municipal e estatal. Dende Esquerda Unida décimos que estamos INDIGNADOS, que temos que MOBILIZARNOS temos que dar a BATALLA ideolóxica, política e que faremos a luta contra o sistema.

Relacionados