Presentamos a candidatura de Galicia En Común para as vindeiras Eleccións Xerais do 10 de novembro

Esta mañá presentamos a candidatura de Galicia En Común para as vindeiras eleccións xerais #10N, baixo o lema ‘Conta con nós’, xunto con Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Vanessa Somoza e David Bruzos. O obxectivo desta campaña é saír con forza porque, os que non teñen que durmir polas noites son os que están esnaquizando as nosas vidas. Galicia é Isowat, Poligal, traballadores do ensino, traballadoras da sanidade pública, saneamento das rías, prezos dignos no leite, o sector naval, é cultura e a lingua. Saímos con forza para que a xente do común poda durmir polas noites, para decir que precisamos derogar a reforma laboral para non vivir na miseria. 

Yolanda Díaz resaltou que “estamos ante unha candidatura que ten bos mimbres para un país que precisa un cambio fondo”. “Poden contar con nós porque é coñecido que o noso proxecto é coherente, levamos tempo promovendo iniciativas políticas e poñendo a Galicia no centro do debate, tanto no Congreso como no Senado. Todo o mundo sabe que pode contar con nós: os traballadores de Alcoa, Isowat, Poligal, as mulleres das conservas, teleoperadoras, os mozos e mozas mobilizados contra o cambio climático, a loita feminista, as pensionistas, etc”, sinalou.

Os candidatos e candidatas resaltaron que esta campaña “é fundamentalmente unha oportunidade para Galicia”. “Queremos consolidar o voto progresista, é unha alternativa que pasa porque o voto progresista sexa clave e para que Galicia esté no centro do debate político”, incidiron.

A candidata por Lugo, Vanessa Somoza, resaltou que estamos “nun tempo difícil” e resaltou as necesidades da provincia de Lugo, que precisa “de forma urxente, voltar ter representación progresista no Congreso”. “Precisamos un xulgado do social e outro especializado en violencia machista, ademais temos aos traballadores de Alcoa San Cibrao ás portas da rúa. Están en xogo máis de 1.200 postos directos e miles de indirectos. A industria da Mariña lucense quedaría abandonada”, incidiu Somoza.

Relacionados