Presentamos o programa de Galicia En Común: 850 medidas para ter un goberno onde as persoas estean no centro

Se Galicia En Común e Unidas Podemos consolidan e reforzan a súa presenza nas Cortes Xerais, España terá garantido un Goberno de progreso que asegure que se fan políticas ao servizo da cidadanía galega. Esa é a mensaxe que lanzaron este sábado en Santiago os candidatos de Galicia en Común ao Congreso na presentación do programa da coalición para as eleccións do 10 de novembro.

“Este é un programa para a maioría social deste país”, destacou Yolanda Díaz na presentación do programa, que tivo lugar este sábado. Díaz lembrou o traballo realizado polas deputadas da coalición nas dúas pasadas lexislaturas. “Quero presumir de que moitos avances que se fixeron nestes tempos levan a marca propia de Galicia. Agora, queremos recuperar o subsidio de desemprego para maiores de 52 anos, subir outra vez o salario mínimo interprofesional e os permisos iguais e intransferibles para pais e nais, garantir unas pensións dignas… Poño en valor todo o que se fixo, que se conseguiu grazas ao noso traballo, e tamén todo o que queremos facer a partir do 10 de novembro”, engadiu.

Pola súa banda, Antón Gómez Reino explicou que o de Galicia en Común “non é só un programa electoral”. “É un percorrido de moito tempo traballando nas institucións, que reúne diversos documentos elaborados por expertos e que conclúe con 850 medidas para mellorar a vida da xente”. Gómez-Reino tamén destacou que se trata “dun programa construído desde Galicia para gobernar o Estado coa vontade de xerar dereitos e estabilidade, e de ser un elemento fundamental de avance democrático” para o país.

O acto foi presentado polo economista e deputado do grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia Manuel Lago, quen coordinou ao equipo de 18 expertos que participaron na elaboración do programa. “Este non é un programa electoral, é un programa de gobernó, contundente e sólido. Un programa que nace una anterior convocatoria electoral e que madurou coa axenda galega do cambio, coas negociacións parlamentarias e coas leis que presentamos nas Cortes”.

“Emprego, precariedade, servizos públicos, feminismo, economía, pensións, protección social, cultura, vivenda, cultura, democracia, modelo de Estado… Temos propostas concretas e definidas en todas áreas e materias que afectan e interesan á cidadanía galega”, destacou.

Programa Galicia en Común

Relacionados