Prevención cancro de mama:

A Consellería de Sanidade dedicará un 15% menos de orzamento ao denominado programa de cribado, que permite a detección precoz de doenzas como o cancro de mama ou a xordeira neonatal.

Alternativa interpela á Xunta para que explique como manterá as prestacións se mingua as partidas destinadas ás mesmas.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013.- No proxecto de Orzamentos Xerais para 2013, o denominado programa de cribado sofre unha redución do 15% respecto de 2012. Este instrumento do Servizo Galego de Saúde permite a detección precoz de doenzas como a xordeira neonatal, as deficiencias endocrinas no acabado de nacer ou o cancro de mama. “Entendemos que a diminución dos recursos na prevención primaria e secundaria pode causar serios prexuízos na saúde de moitas galegas e galegos”, explica a deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Eva Solla, no texto da interpelación que vén de presentar no Parlamento.

Malia ás evidencias orzamentarias, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegurou, en resposta a preguntas de AGE en comisión parlamentaria, que o seu departamento non ía recortar na prevención do cancro de mama e que mesmo aumentaba o programa con cribados para cancro de colon. Por iso, Alternativa Galega de Esquerda interpela ao Goberno galego (texto completo no outro documento anexo) para saber en qué medida van afectar as diminucións orzamentarias ao programa de cribado ou cómo, partindo dunha redución económica como a que figura no proxecto de Orzamentos, farán para aumentar os servizos do mencionado plan.

Relacionados