Prevención da corrupción

AGE propón que a EGAP ofreza formación para previr a corrupción aos traballadores e traballadoras da Administración pública.

Santiago de Compostela, 20 febreiro de 2013.- O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda presentou esta mañá na Comisión 1ª (Administración Xeral, Xustiza e Interior) unha proposta para previr os casos de corrupción a través dun programa formativo para os propios traballadores e traballadores da Administración pública.

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, sinalou a necesidade de traballar contra a corrupción a todos os niveis para o que propuxo adicar parte da acción formativa da EGAP, Escola Galega de Administración Pública, á ensinar aos propios traballadores a detectar e actuar ante posibles irregularidades desde o máis pequeno ata os casos máis graves de corrupción que se podan dar nunha administración pública.

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, valorou como moi interesantes e vangardista a proposta presentada pola vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda e anunciou que a van estudar xa que consideran que pode ser unha acción positiva para mellorar funcionamento da Administración Pública.

 

 

Relacionados