Prezo do autobus

O goberno municipal debería deste xeito, evitar de ferir aínda máis as economías familiares coa subida do IVE decretada polo goberno do Rajoy. “Non semella xusto outro incremento do prezo do billete, cando hoxendía Ferrol ten a tarifa máis cara das cidades galegas en materia de transporte urbano”, sinala Javier Galán. Esquerda Unida opoñerase a calquera tentativa de subir o prezo do  billete neste servizo público da nosa cidade. Ao contrario de facer algunha modificación tería que ser á baixa.

Para Esquerda Unida ten que ser en todo caso  a empresa concesionaria a que asuma este incremento do IVE sen repercutilo na nosa cidadanía. Calquera outra opción será inxusta e aparellará unha innegable contestación social.

Esquerda Unida reclama por outra banda que se realice un estudo dos custos deste servizo público  – por parte do Goberno Municipal – para poder proceder  con datos certos e fiables á recuperación da concesión deste servizo público.

 

Relacionados