Santiago de Compostela, 7 maio de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda denuncia o comezo dunha perigosa senda privatizadora nos centros penitenciarios que arranca coa posta en marcha a introdución nas cárceres de seguridade privada, no noso país afectaría a Teixeiro e A Lama. A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, preguntou en comisión sobre este proceso de privatización dos cárceres non obtendo resposta algunha por parte do Director xeral de Interior Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, xa que “non é competencia do goberno galego”, o que supón unha nova falla de respecto ao Parlamento e aos grupos da oposición por parte dos membros do Partido Popular.
O proxecto que o PP vai poñer en práctica en 21 centros penitenciarios de todo o estado basease no modelo imposto en EE.UU. onde a opacidade e a vulneración dos dereitos humanos é unha constante e que en termos económicos está demostrado que non supón ningún aforro senón máis ben todo o contrario. A poboación reclusa atópase nunha situación onde semella moi perigoso entregalos á unha lóxica empresarial que busca facer cartos mediante a administración dos reclusos.
En Galicia as saturadas cadeas radicadas no noso país, albergan 3.708 persoas segundo os datos da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciariasa un de marzo. Estes centros sofren tamén os recortes do goberno do PP, en materia de persoal, medios ou mesmo retribucións. As cadeas españolas e as galegas están saturadas pero o expediente privatizador o único que fai é alimentar esa dinámica, non acoutala xa que as cárceres privadas teñen como obxectivo manter e ampliar a poboación reclusa que é o fundamento do seu aberrante negocio. Mentres tanto a proposta do Partido Popular pasa por introducir a seguridade privada non só para labores de vixiancia perimetral tal e como explican desde o goberno senón que no pliego de condicións sinálase ademais da vixiancia a bens mobles e inmobles, tamén as persoas, efectuar controis de acceso e evitar comisión de actos delictivos ou infraccións entre outras.
A vicevoceira de AGE, destacou o grande negocio que supón este proxecto sobre todo para as empresas adxudicatarias que curiosamente están vencelladas a persoas vinculadas directamente co PP como a empresa Ombdus de Rodrigo Cortina López, sobrino de José Luis Cortina, comandante dos servizos secretos españois o 23-F ou a empresa Eulen, da que é apoderada Micaela Núñez Feijoo, irmá do presidente da Xunta de Galicia e que “a casualidade” fai que desde a súa chegada ao goberno galego ocupe postos destacados no ranking de contratacións por parte da Xunta de Galicia en todos os sectores.
Un frutífero negocio para uns cantos que xustifica para o Partido Popular, a introdución das reglas do mercado capitalista nas cadeas algo que nin vai abaratar custos, nin vai mellorar a prestación dos servizos, todo o contrario segundo se desprende da realidade analítica crítica que se ten publicado en relación cos modelos privatizadores, en particular o estadounidense.