Privatización cita previa

 

A Xunta de Galicia en mans do PP amosa en todas e cada un das súas accións o seu decidido e sistemático ataque o Sistema Público Galego de Saúde para reducir o que é un dereito fundamental, recollido no Estatuto e a Constitución, a unha pobre – aínda que moi lucrativa – oportunidade de negocio privado.

 

A licitación do servizo por un período dun ano e polo importe de 1.950.000 euros expresa o interese do PP por descapitalizar o sistema sanitario público mediante a externalización deste servizo a mans privadas.

 

EU entende que, cos medios técnicos dos que dispón a Xunta de Galica, o desenvolvemento do servizo de cita previa por empregadas e empregados públicos podería desenvolverse cun investimento moi inferior e maior calidade. O que ven a amosar a incapacidade do Goberno do PP por administrar o público, e dicir o que é te todas e todos os galegos.

 

Por todo isto, Esquerda Unida reclama que o devandito servizo de cita previa se realice dentro da estrutura do SERGAS, rematando coa política de descapitalización e privatización do Sistema Público de Saúde, que vai en detrimento da calidade do servizo que reciben os usuarios e provoca a precarización da situación laboral dos traballadores e traballadoras.

 

Por último, dende EU queremos lembrar que a política equivocada do Bipartito supuxo a creación de Galaria, como ámbito que permite externalizar as funcións e cometidos, que a nosa organización reclama que se fagan ao amparo do propio SERGAS, e que agora fortalece os intereses privatizadores do goberno do PP.

Relacionados