Privatización da costa

Santiago de Compostela, 14 xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda presentou unha pregunta no Parlamento de Galicia solicitando información sobre a suposta intención da Xunta de privatizar a nosa costa ante as informacións chegadas de que existe a posibilidade de que a Consellería de Medio Rural e Mar conceda a concesión de explotación de recursos pesqueiros a unha empresa para explotar a zona do Porto Exterior de Punta Langosteira en A Coruña.

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, a través dos deputados Antón Sánchez e Juan Manuel Fajardo, ante a gravidade desta cuestión que ser certo suporía unha ameaza para a nosa costa, solicitou a Consellería de Medio Rural e do Mar que informe sobre esta cuestión en pleno.

Relacionados