Aseguran que se trata dunha operación desproporcionada e provocará o incremento da siniestralidade neste tramo.
Alternativa Galega de Esquerda quere manifestar a súa rotunda oposición pola decisión anunciada esta mañá polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de sacar a concurso a xestión da autovía Dozón (Pontevedra)-Ourense coa que a futura adxudicataria se faría cargo da explotación da citada vía até o ano 2057 recibindo un total 1.552 millóns de euros. Dende Alternativa Galega de Esquerda denuncian que se trata dunha privatización que suporá ao final que se acabe instaurando unha peaxe nesa infraestructura.
Juan Manuel Fajardo explicou que se trata dunha operación “desproporcionada tanto nos máis de 1.500 millóns de euros que se lle dará a empresa para mantemento da vía tendo en conta que esta cantidade supera o que a propia Xunta ten orzamentado este ano para o resto de estradas da rede galega, e tamén en canto ao prazo de concesión que é unha barbaridade e hipoteca futuros gobernos”.
O deputado engade que deixar en mans dunha empresa privada a autovía Dozón-Ourense “redundará no peor mantenemento da infraestructura, algo que xa agora é deficiente xa que o mantenemento se comparte con parte da rede de estradas da zona sendo realizado por apenas unha decena de traballadores”. Fajardo engadíu que “suporá un incremento da siniestralidade neste tramo xa que se priorizará o aforro da empresa privada para acadar mellor beneficio a cambio de menos inversión”.
Pola súa banda, o deputado David Fernández, sinalou que “o que de verdade precisa esta infraestructura é a recuperación da gratuidade do tramo Santiago-Lalín”.
O anuncio realizado polo conselleiro é unha proba máis da estratexia de ataque constante do PP aos intereses da cidadanía xa que unha vez máis sitúan os intereses dunha empresa privada por riba de calqueira outra cuestión.