Privatización paseo porto de Sada

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013.- Un valado, colocado pola empresa concesionaria do porto deportivo de Sada, impide aos veciños da localidade gozar dun dos seus lugares predilectos para o paseo á beira do mar. Non só iso: a maiores, un letreiro prohibe pasar os peóns. Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, denuncia que a empresa concesionaria “instalou o valado en terreos sobre os que carece de competencia” e lembra que o vixente Plan de Utilización dos Espazos Portuarios non pode vedar o acceso público ás zonas cualificadas, tal e como é ocaso do paseo de Sada, como de navegación náutico deportiva”.

Sánchez vén de rexistrar unha proposición non de lei (no documento anexo) na que esixe á Xunta a que ordene inmediatamente a retirada do valado e o restabelecemento do acceso público ao lugar. Ademais, AGE tamén reclama que o Goberno galego incoe un expediente sancionador á empresa concesionaria por realizar obras en terreos fóra da súa concesión.

Relacionados