Privatización servicio esterilización

Esquerda unida denuncia que a privatización do servizo de esterilización do Sergas pón en risco a saúde dos e das cidadás, pois traerá graves consecuencias da calidade asintencial do servizo público de saúde. A esterilización é un alicerce fundamental para o correcto funcionamento hospitalario xa que servizos tan importantes como o de cirurxía dependen precisamente da calidade de esa esterilización, algo que non se poderá manter entre outras cousas porque ese servizo agora se está realizando nos propios hospitais, mentres que tras a súa privatización os materiais esterilizados terán que percorrer kilómetros dende as instalacións da empresa privada até os hospitais. Situación que provoca o risco de microrroturas que poderían provocar  contaminacións do material, rachando a esterilización co risco que isto supón.

César Santiso preguntouse, quen se vai a encargar de asegurar a custodia dese material esterilizado durante o transporte? Quen pode asegurar á cidadanía que os especialistas traballaran cun material en perfectas condicións? Non o pode asegurar o Sr. Feijoo, non o pode asegurar o Partido Popular.

Asemade, Santiso indicou que “non  existe ningún informe económico que avale esta privatización como recoñecen os propios responsables económicos do Sergas polo tanto é unha decisión única e exclusivamente política do PP para beneficiar as súas empresas amigas”. Unha decisión que non ten nada que ver coa calidade e eficiencia do servizo, e dende logo moito menos con datos económicos, máis ben todo o contrario, porque este servizo leva anos, décadas de funcionamento exemplar cuns traballadores e traballadoras que demostran a súa eficacia día a día. Un servizo que é claramente eficiente como así o avala o documento elaborado polos xefes dos servizos de medicina preventiva, que avalan a calidade e eficacia deste servizo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes anuncia que dará a batalla para evitar a progresiva privatización da sanidade por parte da Xunta do PP, que ten xa o 50% do orzamento privatizado nun proceso que o PP está a desenvolver de forma ruín, as agachadas pero de maneira constante e sostida onde xa privatizou os servizos de limpeza, arquivos, subministro de almacén, mantemento, electromenciña, lavandería, os informes técnicos e auditorías, o servizo de cita e agora o pretende coas áreas de xestión clínica e o servizo de esterilización.

Relacionados