O deputado responsable del área de pesca de AGE, Juan Manuel Fajardo, reuniuse esta semana cos representantes do colectivo que lle trasladaron a súa preocupación xa que de se confirmar esta decisión de privatizar a explotación suporía a perda duns 90 postos de traballo na Coruña e estarían a regalar a unha empresa privada unha zona que se converteu segundo salientaron os propios profesionais nun lugar de altísima produción tanto en cantidade coma en calidade.
Por todos isto, Alternativa Galega de Esquerda presentará diversas iniciativas no Parlamento de Galicia en apoio ao colectivo de percebeiros coruñeses ao tempo que solicitará que a Consellería de Mar leve a cabo o estudio biolóxico pertinente na zona do espigón de Punta Langosteira a fin de determinar as condicións que favoreceron tan excepcional produción e estudar a posibilidade de repetilas noutras zonas do país.