Probábel subvención encuberta

 

As informacións iniciais dos asinantes recollidas en prensa fan afirmacións grandilocuentes referentes á contribución do convenio ao desenvolvemento de redes intelixentes de distribución enerxética na cidade e ao fomento da mobilidade sostíbel.

 

Pero unha lectura máis pausada das devanditas informacións parece indicar que a contribución do convenio ao desenvolvemento de “redes intelixentes” de distribución enerxética non é máis que a substitución nos fogares, comercios e industrias coruñesas dos actuais contadores de gas e electricidade, xa que logo, o grupo municipal de EU-V denuncia que a substitución de contadores por outros que permitan a lectura telemática ademais de non supoñer ningún servizo engadido á cidadanía provocará o despedimento de traballadores.

 

Así, segundo informacións da propia empresa, Gas Natural – Fenosa xa empezou a substitución de ditos contadores no ano 2011, coa instalación de máis de 100.000 aparatos e que despois de facelo na nosa cidade, ten previsto substituír todos os contadores de Galicia antes do ano 2018. E isto significa que Gas Natural – Fenosa non está a facer ningún esforzo especial na nosa cidade relacionado coas redes intelixentes de distribución enerxética e a mellora dos servizos a cidadanía máis aló do que xa tiña pensado facer.

 

Esquerda Unida – Os Verdes teme que tras a sinatura do convenio entre concello e Gas Natural agáchese unha subvención encuberta. Temémonos que o convenio de colaboración non agochará unha situación oposta á que se quere comunicar á cidadanía: que en lugar de ser a empresa multinacional a que vai a contribuír ao proxecto de Smart Cities, en realidade sexan os fondos do Plan Smart Cities os que acaben subvencionando a Gas Natural para substituír os seus vellos contadores por uns novos que ademais lle permitirá a empresa botar a rúa a todos aqueles traballadores que agora teñen como función a lectura dos consumos de gas e electricidade.

 

Dende a súa presentación, o Concello declarou que o concepto de Smartcity permitiría desenvolver na nosa cidade un polo tecnolóxico grazas a que as empresas da bisbarra aproveitarían os avances técnicos resultantes do proxecto para aumentar a súa competitividade, mais dende Esquerda Unida – Os Verdes non alcanzamos a entender en que modo vai favorecer o convenio asinado entre Fenosa Gas Natural e o Concello a creación do polo tecnolóxico anunciado. Esperamos que o Goberno Municipal aclare cómo o resultado deste convenio vaise concretar en patentes ou outras avantaxes tecnolóxicas para o tecido productivo local.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o cambio de contadores so beneficia a Gas Natural – Fenosa, así unha empresa privada utilizará fondos europeos para incrementar beneficios a costa de reducir persoal, por iso consideramos imprescindible que o Concello faga público de unha vez o texto do convenio asinado, para despexar a incerteza que existe neste momento sobre estas e outras cuestións respecto a colaboración de Gas Natural – Fenosa no Plan Smarcities, porque a veciñanza ten dereito a avaliar si as condicións do convenio asinado realmente cumpre co espírito do plan de mellorar a calidade dos servizos a cidadanía, ou so serve para mellorar a conta de resultados dunha multinacional.

 

Relacionados