Proceso constituínte

Esquerda Unida considera que a cidadanía non vai aturar un novo pacto para resucitar ó bipartidismo e á Coroa como piares dun réxime esgotado.

Esquerda Unida afirma que os últimos resultados electorais, onde o bipartidismo sufriu un duro embate, xunto cos escándalos de corrupción que afectan á Coroa, teñen provocado a abdicación do Rei, como estratexia para darlle un novo impulso a un réxime decadente e en descomposición.

Diante deste  intento por someter á cidadanía a unha Segunda Restauración Borbónica, Esquerda Unida considera que os dereitos de sucesión sanguineos son incompatibles cunha democracia plena e avoga pola abolición dunha Monarquía anácrónica, como mecanismo para a construcción dun modelo de estado democrático, social e verdadeiramente representativo.

Por todo elo Esquerda Unida fai un chamamento á unidade das forzas políticas e sociais, do sindicalismo de clase, para presentar unha fronte popular republicana que recupere o destruído polas políticas da troika, que recupere os valores republicanos onde dereitos humanos e servizos públicos sexan unha realidade garantida, onde o dereito ao traballo, como aconteceu na II República sexa un obxectivo constitucional, onde educación e sanidade sexan públicas, universais e gratuítas.

Esquerda Unida chama á cidadanía a participar neste novo proceso constituínte así como en todas as mobilizacións convocadas polo restablecemento da 3ª República previstas por todo o país.

Nin abdicación, nin sucesión, proceso constituínte que dea paso á contrucción da  lexitimidade democrática, inexistente nesta constitución, obsoleta e antidemocrática. É hora de que o pobo decida sobre o seu futuro, traballo, pan, vivenda e dignidade.

 

Viva a República!

Relacionados