Programa aberto: medioambiente e educación

Esquerda Unida elabora así, de forma participativa, o seu programa electoral, partindo, iso si, dende unhas formulacións claramente de esquerdas e dende a perspectiva da clase traballadora.

Isto faise, por unha banda a través da web “Programa Aberto”,  na que se pode acceder aos distintos borradores dos programas para os concellos das comarcas do Condado e de Vigo e facer valoracións e achegas; por outra, Esquerda Unida presenta publicamente o seu programa, tanto en xuntanzas con colectivos como en actos abertos.

 

Unha vez debatido e completado o programa, este será aprobado nunha asemblea aberta.

Relacionados