Programas sociosanitarios

Santiago de Compostela, 15 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda lamenta que o PP destrúa aquelo que non privatiza. A secuencia dos recortes pon en cuestión o mantemento dos programas sanitarios, socieducativos, de intervención familiar e ocupacionais para a poboación, en particular a infantil, con problemas psicosociais.

AGE  sostén a necesidade de manter, alomenos, o financiamento do conxunto dos programas sociosanitarios,  como é o caso da entidade social ASPANEPS, que co seu traballo atenden as lagoas dunha insuficiente rede pública. Sería  preciso ter máis recursos e profesionais, pero o que é inadmisible é continuar a recortar nestas áreas tan sensibles.

Yolanda Díaz reclama a integración na rede pública do equipo específico que desenvolve o programa de saúde mental na área sanitaria de Ferrol. Esa é a fórmula do futuro, aintegración dos equipos na rede pública e o fotalecemento desta.

 

Relacionados