Prohibición ás forzas de seguridade

O considerable incremento do uso destes artefactos con motivo do aumento das mobilizacións sociais está a provocar decenas de mulleres e homes con lesións de gravidade.

Santiago de Compostela, 1 marzo de 2013.- O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda, a través da deputada Eva Solla, presentou unha proposición non de lei pola que se insta ao goberno galego a pedir a prohibición total do uso de pelotas de goma por parte das Forzas e Corpos de Seguridade polo seu potencial destructivo.

A deputada lembra que o uso deste tipo de artefactos está prohibido na maioría dos países da Unión Europea xa que o seu impacto pode producir un grave dano aos distintos órganos do corpo humano.

En Galicia e no conxunto de España existe un crecente uso destes medios “disuasorios” con motivo do aumento das mobilizacións sociais, polo que o risco para as cidadás e cidadáns está patente cada vez que ante unha mobilización a Subdelegación considera empregar á policía antidisturbios. A causa disto decenas de mulleres e homes sufriron lesións de gravidade no Estado Español, moitas delas irreversibles coma a perda de ollos, lamentando tamén a morte dunha persoa en Basurto, Bilbo, o pasado ano.

Ante esta situacióne a probada perigosidade do uso de pelotas de goma como medio “disuariorio”, Alternativa Galega de Esquerda presentou

 

Relacionados