Apesares de que nos últimos años, en parte grazas a actividade de EMVSA, incrementouse o uso de bicicletas, a súa utilización como medio de transporte non deixa de ser anecdótico. O deseño da cidade non foi concibido para a súa promoción e as iniciativas municipais brillan pola súa ausencia.
Xa que logo, Esquerda Unida aposta por promover e fortalecer o servizo de aluger de bicicletas que presta EMVSA, aumentando o número de estacións ata cubrir a totalidade da cidade de modo de que en cada barrio, a lo menos, exista un punto de aluguer.
Por outra banda propoñemos incrementar o servizo ofertando, tamén, bicicletas que incorporan un pequeno motor eléctrico que poidan utilizar os ciclistas como axuda. Con esta medida moitos usuarios que agora non utilizan o servizo por motivos físicos, se atreverían a facelo. Este modelo de bicicletas tería un prezo de aluguer lixeiramente superior para cubrir os custes de recarga eléctrica da batería, así como as estacións especiais onde recargarse.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presentará unha pregunta para debater no pleno sobre mobilidade sostible e que medidas esta a adoptar o goberno local para promover os medios de transporte alternativos, concretamente:
Considera o goberno municipal que está desenvolvendo as políticas apropiadas para a implantación dunha mobilidade sostible?
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a bicicleta é un modo de transporte económico, sustentable e eficaz. Dende o concello podemos aplicar moitas medidas para promover o seu uso como por exemplo aproveitar as vías anchas para incorporar zonas de carril bici”. Un modelo que funciona en cidades como París que permite obter un uso das calzadas que teñen un ancho superior ao convencional que se infrautiliza, como acontece en moitas estradas coruñesas.
Outras das medidas que citou como exemplo César Santiso, é a instalación de aparcadoiros de bicicletas cubertos gratuítos ao carón das estacións de aluguer para que os usuarios dispoñan en todos os barrios de zona segura de aparcamento, medida que lle outorga un plus de flexibilidade aos usuarios.
En definitiva trátase de aplicar un compendio de vendidas que promovan a utilización da bicicleta como medio de transporte a la espera de que o deseño e desenvolvemento do plan de mobilidade sostible centre os seus esforzos na promoción deste método de transporte alternativo, o que obriga a escoitar as asociacións de usuarios de bicicletas como Masa Crítica, así como aos distintos grupos ecoloxistas.