O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera crítica a situación do comercio no Agra do Orzán, unha zona que pode quedar deserta con máis do 8o% locais baleiros. Un 27% dos 1006 locais rexistrados a pe de rúa están pechados e o 56% dos locais que respostaron á cuestión dun posible peche do negocio afirmaron que este se producirá a curto ou medio prazo (entre 0 e 15 anos).
Dada a importancia do comercio de barrio para fortalecer a economía local, é capital a adopción de medidas axeitadas a problemática da zona, máis cando se trata do barrio con maior densidade de poboación da cidade. Así promovendo medidas de reactivación do comercio de barrio no Agra, fomentaríase o que o peche do ciclo económico o que xeraría máis emprego e alivio económico para un barrio con uns dos porcentaxes máis altos de persoas en risco de exclusión social.
Os estudos demostran que o diñeiro gastado nos comercios de proximidade circulan no barrio ata 3 veces antes de desaparecer na economía xeral, mentres que a maior parte do gastado en grandes superficies o fai de inmediato. Esquerda Unida propón un paquete de medidas que permitan para que o pequeno comercio poida facer fronte ás grandes superficies. Neste sentido destaca a proposta de que EMVSA xestione un banco de aluguer a prezo xusto, para liberar aos propietarios dos locais de toda carga de xestión, ademais de cubrir os posibles impagos dos arrendados e co compromiso de, unha vez rematado o contrato, devolver o local en igual o mellores condicións a cando se entregou. Esta medida permitiría unha mellor adaptación dos locais. Asemade a aplicación de estímulos económicos destinados a que os comerciantes poidan competir coas grandes superficies en contías proporcionais aos postos de traballo xerados, o compromiso na promoción de produtos locais, a redución de prezos á veciñanza e a demanda social dos seus produtos o servizos. Estas medidas directas xunto coa implantación do Plan para recuperar a tradicional vida de barrio coruñesa, baseado en descentralizar os actos culturais e os espectáculos, neste caso cara o barrio do Agra.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indica que “as tendas de barrio son vitais para a boa saúde de todas as comunidades, promoven o ciclo económico local, a cohesións social, reducen o consumo enerxético e a pegada ecolóxica, sen esquecer a súa función integradora e social, estes motivos obrigar ao Goberno Local a realizar un plan profundo e eficiente de apoio”.