Proposta promotores ofimáticoa

Esquerda Unida considera que a proposta dos promotores do Parque Ofimático constitúe un novo paso na súa estratexia dilatoria dunha actuacion que lle colleu en pleno pinchazo da burbulla inmobilaria. Hai que lembrar aos promoteres que foi a presión especulativa a que convertou en polígono residencial un proxecto que naceu fai 20 anos para dotar á cidade das máis modernas tecnoloxías nas que as empresas locais puidesen residir e competir internacionalmente grazas á utilización das dotacións do parque, mellorando así a súa competitividade.

Así pois, estes mismos que agora choran e piden que lles expropie o concello, teñen certa parte de culpabilidade na grave situación da bisbarra, ao igual que os gobernos do PSOE liderados por Francisco Vázquez que actuaron de complices.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pregúntase si os promotores correrían con todos os custes relacionados co cambio de proxecto e indemnizarian aos cooperativitas, os grandes damnificados. Non se pode ceder diante dos intereses dos especuladores, que intentan restrinxir o desenvolvemento económico da cidade, bloqueando a urbanización do Ofimático a súa conveniencia e en prexuízo dos centos de postos de traballo que podería xerar estas obras actuación para as que o concello xa ten desenvolvido as actuacións pertinentes.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou ”que eu saiba os promotores nunca repartiron cos coruñeses os seus beneficios na epoca dourada dos pelotazos urbanísticos dos gobernos do PSOE cando era alcalde Francisco Vázquez semella indignante que agora pretendan socializar as súas perdas”

César Santiso rematou salientando que “si non teñen cartos para paga as obras de urbanización o goberno municipal ten que proceder ao embargo dos bens destas empresas, máis que expropiar os terreos, o que había que facer era expropiar as súas contas bancarias

Relacionados