eu en bici.jpg - 22.70 Kb

Propostas de mobilidade

 

O candidato á alcaldía, Carlos Portomeñe, sinalou que EU realiza na práctica o que os demais dicen na teoría, e criticou que a pesares de prometer durante anos o carril bici, se fagan obras importantes como as da Avenida de Madrid, e se urbanicen San Fiz ou Abella sen aproveitar para a súa construcción.

Portomeñe destacou o compromiso de EU co uso da bicicleta e o transporte público, e sinalou que por iniciativa de IU cidades como Sevilla dispoñen de 320 quiómetros de carril-bici. O programa de Esquerda Unida propón para Lugo unha rede de carril-bici e itinerarios seguros que sirvan de alternativa ao uso do vehículo privado.

Asemade, EU aposta polo transporte público colectivo e de calidade, coa recuperación da concesión do autobús urbano para facelo de novo público, maiores frecuencias de paso e a creación de novas rutas, así como a construción de aparcamentos colectivos disuasorios, evitando as macro obras.

EU insiste ademais na peatonalización do recinto amurallado, unha proposta xa clásica desde as primeiras eleccións en1979, e que reivindica para recupar o centro urbano para os peóns.

O programa de EU propón tamén a creación dunha rede de tranvía que nun primeiro itinerario uniría Garabolos con a Avenida de Madrid e rodearía a muralla. O tranvía permitiría gozar dun auténtico medio de transporte colectivo, cómodo e ecolóxico, que tamén serviría como reclamo turístico. Esta proposta foi unha das conclusións da Axenda 21, consensuada por decenas de colectivos e organizacións da nosa cidade.

Portomeñe destacou a importancia da participación cidadá para o deseño dun Plano de Mobilidade consensuado pola cidadanía en xeral, o movemento asociativo, organizacións e colectivos profesionais.

En definitiva, dixo Portomeñe, converter Lugo nunha cidade europea desde a perpectiva da mobilidade.

Relacionados