econom2.jpg - 13.64 Kb

Propostas sobre economía e emprego

 

 

O paro, a precariedade, a destrucción dos tecidos produtivos tradicionais, as pensións e os salarios (os máis baixos do Estado) centraron a introducción do candidato de EU.

 

    Portomeñe fixo especial referencia á necesidade dunha saída social á crise, que pasa polo cambio no modelo productivo para sustituir o aplicado en Lugo polos diferentes gobernos municipais que rexiron o Concello nestes últimos anos, baseado no “ladrillo” e na especulación. “Os que nos levaron á crise non poden pretender sacarnos dela”, afirmou, e “a saída social á crise pasa polo feito de que EU acade forza nos Concellos”.

 

    Falou Portomeñe da necesidade de fomento e defensa do pequeno comercio fronte a das grandes superficies comerciais, tendo en conta a construcción dun novo centro en comercial en Abella que convirte a Lugo na cidade con maior número de metros cadrados de grande superficie comercial por habitante en Galicia.

 

    A política de austeridade en base á eliminación de gastos supréfluos no Concello como a publicidade institucional ou actos propagandísticos do alcalde e concelleiros, a eliminación da figura dos delegados non electos ou directores xerais, a rebaixa do 30% nos salarios dos concelleiros/as e a reducción drástica do persoal de confianza,  a reducción no gasto corrente do Concello ou a necesidade dunha política fiscal progresiva foron algúns dos puntos do programa de EU que foron tratados na xuntanza.

 

Ademais, o programa de EU contempla a creación de emprego na rehabilitación de vivendas, as enerxías renovables, a agricultura ecolóxica, as novas tecnoloxías e outras fontes de emprego que poñerían en valor os recursos endóxenos do municipio e a súa enorme potencialidade. Tamén presentou EU a proposta de creación dunha rede de mercados nos barrios para potenciar a producción e venta de productos ecolóxicos do municipio. A este respecto, Portomeñe dixo que “as terras do municipio teñen un gran potencial productivo, e sen embargo os partidos que aprobaron o PXOM prefiren especular co chan e convertilos en urbanizables sustituíndo natureza por ladrillo”.

 

    Posteriormente tivo lugar un coloquio con intervencións dalgúns candidatos/as de EU e do público asistente.

Relacionados