Propostas sobre enerxía e transporte

 

Baixo a lóxica do sistema capitalista, se deixa o sector enerxético nas mans do mercado (supostamente baixo a Ley da oferta e a demanda) sen ter en conta as repercusións medioambientais e sociais e se recurre sen maior problema á guerra de rapiña cando se considera necesario para que as grandes empresas enerxéticas poidan seguir acumulando beneficios.

 

Precisamos de un cambio de modelo que vaia hacia a redución do consumo e a planificación da produción que inclúa a progresiva muda das formas de produción e consumo enerxético. Abandoar os modos de produción máis contaminantes, e gravar o exceso de consumo.

 

Propoñemos:

 

1.      Facturación da tarifa eléctrica por tramos. A maior consumo “per cápita”, maior prezo.

2.      Subvención estatal para a implantación de sistemas renovables e de autoabastecemento para pequenas empresas e particulares con rendas baixas.

3.      Nacionalización do sector enerxético. Tanto a extración de recursos como a produción.

4.      Peche progresivo das centrais nucleares.

5.      Peche progresivo das centrais térmicas.

6.      Peche progresivo das minas de carbón (deixando o carbón como reserva estratéxica). Reconversión do sector cara ás enerxías alternativas.

7.      Cursos de formación para traballadores dos sectores das enerxías contaminantes para facilitar a súa muda aos sectores das renovables.

8.      Democratización da produción enerxética mediante a promoción da autoprodución de enerxías alternativas como a solar térmica, fotovoltaica, minieólica, biomasa ou geotérmica.

9.      Inversión do Estado en I+D para buscar enerxías estables que garantan o suministro e cubran as carencias das renovables, sendo pouco ou nada contaminantes.

10.   Implantación dun sistema de eficiencia enerxética, tanto no alumeado público como nas diferentes administracións.

 

 

 

O transporte é un gran consumidor de recursos enerxéticos, e emite o 25% dos gases de efecto invernadoiro causantes do cambio climático. É necesario polo tanto adoptar medidas contundentes que reduzan o impacto do transporte no medio ambiente.

O artellamento dos medios de transporte non hai que tratalo de xeito aillado, é dicir, debe ser tratado ao mesmo tempo que se fan propostas de planificación do territorio, no que se deben incluír as infraestruturas terrestres (ferrocarril e estradas), a creación de solo industrial e residencial e tamén a comunicación aérea.

Polo tanto, unha boa política en materia de transporte se debería facer mediante dúas liñas principais: Mellorar a eficiencia enerxética do transporte, e reducir o número de desprazamentos. Priorizando para elo os medios de transporte menos contaminantes (a pé en bicicleta e en tren) e facendo unha planificación territorial que reduza a necesidade dos desprazamentos.

 

1.      Ampliación e mellora das redes de transporte público en xeral, de forma que se reduza ao mínimo a necesidade de desprazamentos en trasporte privado, moito máis contaminante.

2.      Ampliación e mellora da rede ferroviaria normal (excluíndo o AVE), atendendo especialmente aquelas zonas do territorio estatal máis deficitarias.

3.      Planificación territorial que ao mesmo tempo que as redes de transporte contemple a descentralización dos servizos atendendo ás necesidades sociais, reducindo así a necesidade de desprazamentos.

4.      Fomento de plans de movilidade sostible nas zonas urbanas que prioricen os desprazamentos a pé e en bicicleta.

5.      Axuda á remunicilipación dos servizos de transporte público urbáns.

Relacionados