O límite para o establecimento do acordo é o día 4 de outubro, e a día de hoxe a información que obtivemos é máis ben vaga sobre a posibilidade da citada prórroga, a pesares de que dende o mes de xullo vimos demandando celeridade na resolución desta cuestión.
Dende o noso grupo municipal, demandamos do goberno municipal que presente unha proposta concreta na comisión ordinaria de asuntos sociais que se ten que realizar o día 14 de setembro para dar por zanxada esta cuestión, aportando a proposta da empresa para facer efectiva a prórroga e as posibilidades económicas que ten o concello para a actualización do precio da concesión.
De igual forma, demandamos do goberno municipal que establezcan contactos coa Xunta de Galicia para que a aportación da mesma se incremente dado que cada ano é menor, sendo este servicio unha competencia autonómica.
Aportación Xunta |
Ano |
31.500€ |
2007 |
29.193€ |
2008 |
26.630€ |
2009 |