Protesta na Consellería de Pesca

Esquerda Unida manifesta que respalda as demandas do sector pesqueiro atacado fortemente polas políticas do PP que pretende acabar coa flota artesanal en Galicia, a aplicación sen moratoria desta inxusta lei de regularización deixará fóra da actividade pesqueira a un número importante de pescadores.

Juan Fajardo, deputado de AGE e responsable nacional de traballo de EU manifesta que “defendemos a necesidade de regularización das embarcacións de pesca artesanal en Galicia, pero abogamos pola súa realización mediante a certificación da actual realidade de cada embarcación (sen coste para os propietarios), xa que as melloras non suporán en ningún caso maior esforzo persquerio e si un incremento da seguridade no mar”.

Esquerda Unida insta ao goberno a investigar e actuar contra as tramas organizadas de venda fóra do control de facenda dos dereitos de cabalos e GT’s das embarcacións en Galicia.

Relacionados