Situacion no psiquiátrico de Toén

Despois de tanto tempo sen invertir o suficiente para o mantemento das instalacións, despois de tantos anos nunha situación pesima dos internos, agora temos que soportar o peche e o colapso aínda maior da sanidade na nosa provincia. Este ataque a un ben de todos, e sobre todo dos que máis o necesitan, é esperpentico e inadmisible, mentres uns seguen a inflar os petos con sumas millonarias, outros pagamos ca precariedade extrema os seus abusos.

Non temos médicos, nin especialistas, falta persoal e o servizo de urxencias é un caos, e en moitas ocasións faltan habitacións para aloxar ós pacientes.

BASTA XA!!! LOITA POLA TUA SANIDADE!!! NON DEIXES QUE OUTROS DECIDAN POR TI!!!

 

Relacionados