PSOE e PP apoio á especulación

Este beneficio foi obtido pola venta da parcela onde se construíu Espacio Coruña.

A dita sentenza, relacionada con loitas internas na familia do presidente da patronal galega, pon de manifesto o deleznábel urbanismo desenvolvido na Coruña, á vez que evidencia os verdadeiros motivos polos que os gobernos do PSOE favoreceron a proliferación de grandes centros comerciais que están afogando ao pequeno comercio coruñés.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que si o PSOE propiciou o pelotazo urbanístico no solar de Espacio Coruña o PP beneficiou ao promotor Fontenla en varias modificacións dos Plans parciais. Así Obelisco, vendeu a parcela antes de parcelar e en base ao aproveitamento urbanístico que lle atribuía o plan parcial promovido, precisamente, por Antonio Fontenla, e pactado por convenio co goberno municipal do PSOE cando era alcalde Francisco Vázquez en 2004. Pero para esta operación Fontenla tivo que avalar a venda con 3,2 millóns euros debido as cargas urbanísticas do terreo. Cargas canceladas o 9 de agosto de 2011 polo PP en xunta de goberno, previa solicitude do propio Fontenla o mesmo día, e transferidas a outra parcela de Someso onde Fontenla promove un bloque de 17 plantas mediante a promotora Canovan, así o empresario puido cancelar o aval nunha das primeiras accións de goberno do PP.

Asemade o Goberno do PP favoreceu a empresa Canovan aceptando modificacións dos plans parciais do recinto Ferial, modificacións que favorecían os intereses económicos do promotor mais en ningún caso aos coruñeses e coruñesas, motivo polo cal Esquerda Unida votou en contra no primeiro Pleno ordinario do goberno do PP, o 12 de setembro de 2011.

Esquerda Unida considera que as prebendas concedidas a Fontenla por parte de PP e PSOE demostran a coincidencia en canto ao xeito de facer e entender a política. En definitiva ambos utilizan as institucións para obter beneficio propio en lugar de servir á cidadanía que é o único fin que debería perseguirse.

Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “está claro que tanto PP como PSOE defenden a unha casta de poderosos na cidade, mentres goberne calquera dos dous haberá coruñeses de primeira e de segunda”.

 

 

Relacionados