Publicación lista FALCANI

O deputado David Fernández Calviño sinala que a fraude fiscal “supón un grave problema no financiamento de servizos básicos” e que os cidadáns do común teñen dereito a coñecer quen o comete

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2013.- O ex empregado do banco suízo HSCB Hervé Falcani revelou que 569 cidadáns coa nacionalidade española depositaron cartos na entidade suíza sen declarala ante á Facenda. A lista cos nomes dese defraudadores foi entregada ás autoridades españolas, que a gardan baixo segredo. O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) David Fernández Calviño esixiu esta mañá en comisión parlamentaria que a Xunta pida ao Goberno de Madrid a publicación desa lista. Por suposto, e como era de agardar, sen éxito: o PP votou en contra. “Estes silencio fai que a maioría destes delincuentes”, denuncia Fernández Calviño, “sexan considerados ‘homes de ben’ polos cidadáns do común”.

“Os cidadáns do común teñen dereito a saber quen son as persoas que non pagaron os seus impostos no Estado español”, engade no texto da proposición non de lei (no documento anexo) rexistrada na Cámara, “e polo tanto quen son os responsábeis da baixada na súa calidade de vida durante os últimos anos”.

Relacionados