Punta Langosteira

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que A Coruña pódese converter nun centro neurálxico para o trasporte de contedores unha vez que as instalacións do porto exterior trasládense ao exterior, en competencia con grandes portos coma os de Róterdam, Amsterdam, Hamburgo ou o máis próximo Oporto. Así a nosa bisbarra lideraría o tráfico marítimo entre Europa e América ao dispor das intalacións necesarias para o tráfico de graneis e hidrocarburos en Punta Langosteira  e de contedores no porto Interior.

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a promover o tráfico de contedores no peirao do centenario para xerar centos de empregos. Pois os seus 180.000 m2 permitirían un tráfico anual de entre 360.000 a 540.000 contedores, supoñendo unha o que á súa vez suporía unha oportunidade de ouro para a reactivación da economía local, cunhas estimacións de xeración de emprego de entre 2300 e 3200 postos de traballo.

Para facer posible esta idea, é imprescindible que se conclúan e se aproveiten dunha vez as instalacións do eivado porto exterior, creando as conexións axeitadas, tanto por estrada como ferrocarril, para facer os traslado pertinentes das actividades que actualmente son desenvolvidas nese Peirao, coma o almacenamento de Carbón destinado á central de Meirama (co que tamén se eliminaría a contaminación recibida polos veciños/as dos Castros e Oza), así coma dos grans de cereais, graneis, etc.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Galicia e Coruña, son próximas a América tanto a nivel cultural coma xeográfico, o que permitiría captar boa parte do tráfico marítimo, un sector en auxe, dándolle uso aos 1000 millóns investidos polo de agora en Langosteira, para o cal é necesario que o goberno municipal se implique e esixa prema ao Ministerio de Fomento na construción dconexións terrestres e ferroviarias que permitan a fluidez necesaria para lle dar utilidade a esta faraónica infraestrutura”.

Relacionados