Punta Langosteira

Debido a esa situación a empresa decidiu cambiar de porto. En todo caso Esquerda Unida confía nas capacidades do porto exterior e espera que a decisión da navieira sexa unha illa dentro do sector, xa que Punta Langosteira, unha vez rematadas as conexións terrestres e, principalmente, ferroviarias debe ser un motor económico e de xeración de emprego.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a ubicación e deseño desta custosa infraestrutura precipitouse polos intereses especulativos urbanísticos derivados de edificar nos terreos do porto interior que quedasen baleiros co traslado, tal e así que no seu momento, en pleno furor do ladrillo, os gobernantes nin tan sequera repararon na posibilidade de que o porto exterior estivese capacitado para o tráfico de contedores desperdiciando así unha posibilidade única para converter a bisbarra coruñesa liderar o tráfico de mercadorías.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella inaceptable que PP e PSOE utilicen a mellor ferramenta da bisbarra para reactivar a economía e xerar emprego como arma política, cando foron ambos os dous responsables das eivas que agora hai que solucionar, non esquecemos que promoveron con tesón a obra Francisco Vázquez e Alvarez Cascos, Alcalde do PSOE e Ministro de Fomento do PP. Agora deberían depurarse responsabilidades, máis en todo caso, agora o que toca e resolver as eivas que poidan existir e unir forzas entre todos e todas para que Punta Langosteira lidere o tráfico de mercadorías por mar”.

Relacionados