A nosa organización fíxose eco desta demanda veciñal e presentou unha moción, para o seu debate plenario, no mes de decembro de 2008. Moción que conqueriu o acordo do Pleno e converteuse nun mandato para o Goberno Municipal.
Lamentar, non obstante, a tardanza en desenvolver o acordo, porque dende entón transcorreron preto de 2 anos, tempo longo de máis para unhas xestións realizadas coa dilixencia necesaria.
Esquerda Unida entende que este servizo vai permitir un acceso máis pronto e fácil das persoas que viven no rural do noso concello aos rexistros descritivos e gráficos das fincas de natureza rústica. O Punto de Información Catastral desenvolverá un papel intermediador no que atinxe ao exercicio do dereito de información da cidadanía, á que lle vai permitir subministrar de xeito gratuíto toda a información existente na base dos datos estatal do catastro.
A nosa organización esixe do Goberno Municipal que contemple a axeitada previsión orzamentaria para pór en funcionamento efectivo o devandito Punto de Información Catastral.