Pxom de Baiona

Esquerda Unida de Baiona vai a solicitar ao concello de Baiona que se sometaa exposición publica de novo o PXOM de Baiona. Lembra Esquerda Unida quea exposición do plan foi anunciada no DOG o pasado día 12 de febreiro de 2013. No anuncio dábase un prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación. Segundo nos manifestaron diversos veciños dito prazo, que remataba o día 12 de abril, foi ampliado un día mais sen mediar publicidade de dita ampliación. Esta situación anómala vai a facer que o concello teña que anular todas as alegacións presentadas o día 13 de abril, o cal sería un engano para os veciños ou abrir un novo prazo de exposición pública, se quere darlle seguridade xurídica ao PXOM de Baiona.

Para Esquerda Unida, antes de abrir este novo prazo de exposición pública, o equipo de goberno de Baiona ten reformular totalmente o PXOM, así como corrixir os erros que contén o PXOM actual, aumentando os espazos libres, a porcentaxe de vivenda protexida, eliminando o campo de golf de Baredo e realizando unha nova redacción do documento estratéxico económico, xa que como esta redactado actualmente non e crible.

Por último Esquerda Unida lamenta tanto, que o goberno do PP de Baiona non se tome en serio os prazos das alegacións, como que o PSOE non coñeza a publicación no DOG da exposición pública, nun tema tan importante para Baiona como é o PXOM.

 

 

Relacionados