“Dedadazo” de PP e PSOE

Non cabe dúbida que nos procesos de contratación ao igual que os relacionado co urbanismo é onde se concentran os intereses económicos, e aí sempre coincide o bipartidismo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes considera inaudito que o portavoz municipal afirme que cumpren coa Lei de Contratos do Estado e teñen o visto bo da interventor cando esta pon reparos á  contratación a dedo do arranxo das pasarelas peonís que denunciamos. Así a intervención municipal indica que o expediente incorre na incongruencia de declarar a urxencia na súa tramitación, sinalar un praza de exección de catro meses e demorar ao próximo exercicio económico unha dotación presupostaria maior que a prevista para a súa execución.

Asemade hai que subliñar a burda argumentación do goberno municipal que declara a urxencia da actuación por motivos de interese público baseándose en que as pasarelas teñen óxido e que si non se contrata urxentemente oxidaranse máis e custará máis a súa reparación incrementando o custe do arranxo. Unha argumentación que non se sostén si temos en conta que o goberno local respondeu que estaban estudando o estado das pasarelas a unha pregunta do noso grupo municipal en novembro de 2011. É dicir que tardan ano e medio en analizar o estado de 14 pasarelas, algo que se podería facer en días, e logo alegan urxencia por interese público. A xurisprudencia indica claramente que a urxencia debe ser motivada pola situación en si, non porque por problemas burocráticos ou políticos retrasase a licitación.

Por outra banda, o propio goberno local racha co seu argumento da urxencia cando tarda preto de cinco meses en adxudicar unha actuación que licita o 24 de abril e non adxudica até mediados de setembro. Neste caso, apesares da urxencia o procedemento negociado atrasouse máis tempo que a media de resolución dun procedemento aberto que rolda os dous meses. Onde quedou pois a urxente necesidade que esgrimía o goberno local?

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella inaudito que representantes públicos podan defender a contratación a dedo, quero anunciar o noso compromiso para erradicar esta práctica deshonesta que fomenta a corrupción”.

Relacionados