Que Negreira dea a cara

O alcalde da Coruña, que respondeu cun vergoñento “non toca neste momento” a nosa esixencia de depuración de responsabilidades políticas diante do caso de corrupción da Pokemon, coa destitución do primeiro tenente alcalde e portavoz do goberno local, o imputado Julio Flores, e da tenente de alcalde de cultura, Ana Fernández, pola corrupción xeneralizada dos cargos de confianza da súa concellería.

Esquerda Unida esixe ao alcalde que responda persoalmente no pleno ás preguntas sobre corrupción municipal. Logo do silencio cómplice do mandatario diante da corruptela do seu goberno e dado que nos empraza ao pleno para falar da Pokemon, agardamos que o Sr. Negreira abandone a súa covarde actitude e responda persoalmente en sede plenaria as nosas preguntas:

Sr. Negreira, recoñece ao seu tenente alcalde e man dereita, o Sr.Flores, nas gravacións rexistradas no sumario da Pokemon nas que el non o fai e como as valora? Exercerá a súa responsabilidade como alcalde?

Sr. Negreira considera, como Ana Fernández, que as conversacións rexistradas na Pokemon entre o persoal de confianza da concelleira cultura e Vendex son mera “mala praxe” e que se pode “seguir confiando” nese “equipo”? Exercerá a súa responsabilidade como alcalde?

Sr. Negreira cree xustificable, como Mar Barcón, que un concelleiro pida traballo para a súa irmá a unha empresa que traballa para o concello tal e como se recolle nas escoitas telefónicas da Pokemon? Exercerá a súa responsabilidade como alcalde?

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes leva a picakcu ao pleno con tres preguntas orais sobre a trama de corrupción e unha moción para que a corporación amose tolerancia cero cos subornos e os agasallos a cargos públicos e persoal de confianza municipal, para que non poidan aceptar agasallo ou beneficio algún polo desempeño das súas funcións, porque estas prácticas perverten a democracia, afondan na desigualdade e a achegan o goberno á tiranía. Con esta moción pretendemos habilitar unha ferramenta efectiva que permita sancionar e apartar inmediatamente das súas responsabilidades a aqueles que incumpran esta máxima

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “Negreira emprazoume a falar da Pikachu en sede plenaria, e así o fago. Eu acepto o seu reto, agora falta saber si o alcalde cumprirá a súa palabra o se agachara covardemente tras algún dos seus concelleiros. Non escatimarei esforzos para que os culpables paguen, para rachar este cartel político do silencio e para acadar unha rexeneración política responsable para a cidade”.

Relacionados