Queixa ao Concello

A súa creación e o exercicio da súa actividade son libres dentro do respecto á Constitución e a Lei. A súa estrutura interna e funcionamento son democráticos.

Que neste senso, Esquerda Unida constituíu un Consello Comarcal en Compostela, para o desenvolvemento da súa actividade política na comarca. E que tal órgano decidiu que, como parte do traballo municipal da organización, acudise un representante seu aos Plenos do Concello, para exercer a súa actividade política respecto a este.

Que o artigo 9 da Lei Orgánica dos Partidos Políticos, establécese que “os partidos exercerán libremente as súas actividades”.

Que dende novembro de 2011 esta actividade víñase realizando correctamente, ao poder acudir aos Plenos do Concello de Santiago cumprindo co requisito de entregar o nº de DNI á policía local na entrada do Concello minutos antes do comezo da sesión plenaria, e sen maiores xestións ou atrancos.

Que nos últimos Plenos esta situación mudou completamente, o impedir de xeito sistemático a asistencia ás sesións plenaria ao representante do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela.

Que esta actitude do Goberno do Concello vai en contra da súa propia normativa respecto a participación cidadá que di no Regulamento de participación cidadá aprobado por acordo plenario do 4 de decembro de 1998 e publicado no BOP de A Coruña o 9 de xaneiro de 1999, no seu artigo 7:

1.-As sesións do pleno son públicas, agás nos casos previstos no artigo 70.1 da Lei reguladora das Bases de Réxime Local, e 253 da Lei de Administración Local de Galicia. Facilitarase a asistencia ou información simultánea de todo o público interesado en coñece-lo desenvolvemento das sesións, a través dos medios máis adecuados ó caso.

Remitindo o mesmo a Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local que no artigo 70.1 que di:

1. As sesións do Pleno das corporacións locais son públicas. No obstante, poderán ser secretos o debate e votación de aqueles asuntos que poidan afectar o dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así se acorde por maioría absoluta.

E tamén a Lei de Administración Local de Galicia, que dentro da sección segunda sobre Participación Cidadá, di no seu artigo 253:

1. As sesións do Pleno das Corporacións Locais serán públicas. Sen embargo, poderán ser secretos o debate e a votación de aqueles asuntos que poidan afectar o dereito fundamental dos cidadáns a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así sexa acordado por maioría absoluta. Non serán públicas, sen embargo, as sesións das comisións de goberno.

Que a última prohibición de acceso ao Pleno do Concello, público e aberto a cidadanía, deuse o pasado xoves 21 de marzo de 2013, cando tres policías locais con número de placa 259076, 259111 e 259186 impediron ao noso representante, Vicente Vázquez Freire con DNI 44827095A, o acceso ao salón onde se levaba a cabo a sesión plenaria do Concello de Santiago.

Que nese mesmo día, momentos antes, a concelleira Reyes Leis e o concelleiro Luis Bello deixaron pasar a persoas de outros colectivos ao Pleno sen permitir o acceso do noso representante que se personou con anterioridade ante a porta do Pleno para poder acceder ao mesmo.

Que con esta actitude de impedir o acceso aos Plenos do concello a un representante da nosa organización política estase a vulnerar o noso dereito constitucional ao exercicio libre da nosa actividade política.

Por estes motivos, e dado que representamos a unha organización política con forte respaldo social tanto a nivel estatal, autonómico e local, que nas últimas eleccións municipais obtivo o respaldo de 1906 persoas.

SOLICITA:

1º) Que o Concello certifique por escrito que os policías locais impediron a entrada ao Pleno do 21 de marzo de 2013 ao noso representante Vicente Vázquez Freire por decisión do presidente do pleno o señor Alcalde. E os motivos polos que este tomou esta decisión.

2º) Que se certifique o motivo da preferencia de entrada das persoas que si puideron entrar á sesión plenaria en lugar do noso representante, que debidamente pediu acreditarse para poder entrar sen que esta petición fora tomada en consideración

3º) Que en todo caso, se cumpra o artigo 54 sobre Publicidade do Pleno do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela, e se amplíe a difusión do desenvolvemento das sesións mediante sistemas de megafonía, circuítos de televisión ou redes de comunicación tales como Internet.

Relacionados