O plenario nacional da área da Muller de Esquerda Unida reuniuse en Compostela onde vén de elexir a Raquel Bernárdez Rodal como coordinadora nacional.
“Á área da Muller é un espazo de participación de mulleres militantes e simpatizantes, un espazo de debate e elaboración colectiva de políticas feministas como ferramenta transversal e como cuestión imprescindible para acadar calquera cambio social e político en prol da igualdade”, sinalou Raquel Bernárdez.
A diario comprobamos como a violencia machista segue a golpearnos máis duro. Tamén a violencia institucional, a que se exerce contra as mulleres a través dos recortes orzamentarios, a fenda salarial, ou mediante campañas que mostran unha imaxe discriminatoria e cosificada da muller, toda unha estratexia que fortalece a desigualdade e as violencias machistas.
“Dende Esquerda Unida consideramos prioritario o traballo da área da Muller co fin de impulsar políticas realmente feministas, transformadoras e de esquerdas co fin de acadar unha igualdade real”, explicou a nova coordinadora da área da Muller.