A nosa sobrevivencia como comunidade social e económica é indisociable do noso entorno natural, pois é das maiores riquezas que temos ao noso dispor para a explotación enerxética, agrícola, industrial e incluso turística. É imprescindible pór en marcha políticas encamiñadas a recuperar esta fonte económica, eixo fundamental da nosa evolución histórica e futuro desenvolvemento.
Todo isto mestúrase cunha situación de emerxencia social, nunha sociedade onde o paro xuvenil supera en máis de 25 puntos á media estatal. Unha mocidade que na súa meirande parte víuse forzada a abandonar o entorno rural, onde hoxe retornan por mor dunha crise financeira que eliminou todo crecemento nas ciudades por falta de crédito nas súas actividades estruturais. Toda esa forza de traballo está a esperar a saída como persoas autosuficientes. Para isto cómpre unha actuación decidida que volte a pór en releve a importancia do entorno para relanzar a economía nacional.
Existen alternativas máis aló do derrotismo que se impón desde a retórica de subsidios imposta polas políticas da UE en materia agrícola. Cómpre un melloraproveitamento dos recursos humanos e dos servizos públicos en materia medioambiental.
A aposta decidida pola agricultura ecolóxica é un piar básico, non só pola saudabilidade que supón perante ao cultivo industrial que impera desde a chamada revolución verde, senón pola súa maior capacidade para xerar ese emprego sostible no rural. A Xunta de Galicia debe protagonizar accións que revirtan no interese xeral os recursos estratéxicos da nosa economía. O deterioro que estamos a vivir por mans privadas, o noso patrimonio natural, debe tomar un xiro de 180 graos de cara a asegurar a sustentabilidade ecolóxica e social. Nomeadamente, cando preto 25% dos galegos e galegas atópanse en risco de exclusión social, mentres os prezos dos alimentos medran de maneira exponencial por mor da crise ecolóxica, enerxética e alimentaria.
Diante desta situación cómpre asegurar a soberanía alimentaria mediante a promoción da agricultura ecolóxica no territorio galego para cubrir as necesidades de produtos agrarios básicos, o que permitirá reactivar un sector económico e crear postos de traballo mentres reducimos a nosa pegada ecolóxica e loitamos contra o cambio climático. En definitiva trátase de recuperar a riqueza natural galega como forma de reactivación económica e xeración de emprego estábel e de calidade.
As propostas de Alternativa Galega de Esquerda neste senso son:
– Convenios para converter fincas abandonadas en terras produtivas.
– Soporte técnico e formación cara unha agricultura ecolóxica autosuficiente.
– Convenios cos produtores para garantir prezos dignos en orixe.
– Coordinación de redes alternativas de distribución para asegurar un prezo xusto para os consumidores finais e o abastecemento do banco de alimentos e ONG.
– Promoción de cooperativas agrarias de desempregados para explotar as fincas.
– Recuperación e transformación de zonas verdes improdutivas para fomentar unha rede de hortos urbanos con verxeis de froiteiras e xardíns sustentábeis.
– Xestionar xardíns, parques e demais espazos verdes.
– Xestión sustentábel tanto económica como medioambiental da limpeza de bosques sustentábel tanto e montes para evitar incendios e recuperar e potenciar os nosos montes como espazos de lecer ecolóxicos, aproveitando os rastroxos para xerar enerxía tanto en formato biomasa como biodiesel e os refugallos para crear abono orgánico (compós) para cubrir as necesidades das cooperativas agrarias galegas de desempregados e outras labregos galegos.
A xestión do monte segue a ser un punto ineludible para calquera goberno que pretenda cumplir o seu compromiso coa cidadanía galega. A perda do monte comunal a prol de mans privadas, que nos fan pagar o custo ecolóxico, é un suicidio para unha poboación que sempre tivo o monte como un dos seus maiores recursos.
Será primordial para levar ao cabo este programa a o traballo dos Axentes Forestais e Medioambientais. Coa potenciación destes profesionais poderase acadar un mellor aproveitamento dos recursos humanos e dos servizos públicos no rural que repercuta positivamente na nosa economía e benestar. Ampliando as súas competencias de cara á implementación estrutural das medidas, a planificación do traballo, a protocolización, inspección e asesoramento medioambiental do sector.