Recargo IBI vivendas baleiras

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no pleno porque o PP, tal e como fixo anteriormente o PSOE, non está a aplicar o recargo do 25% no IBI nas vivendas baleiras para fomentar o mercado de aluger e facilitar o dereito ao acceso a vivenda, tal e como establece a ordenanza reguladora do IBI. Asemade debido a desidia e ineptitude dos nosos gobernantes, o concello está a perder a posibilidade de recadar cartos de tributos de contribuíntes podentes para poder redistribuílos cos máis necesitados a través dos servizos sociais. A pregunta literal di:

Cales son os motivos polos que o goberno municipal non está a aplicar o recargo do 25% na cota líquida no IBI dos inmobles de uso residencial que se atopan desocupados con carácter permanente, tal e como establece a ordenanza fiscal nº 51 Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles no seu artigo dous?

Existe na actualidade un censo de vivendas baleiras tal e como establece o mesmo artigo, e no caso de existir estase a actualizar e con que periocidade?

Esquerda Unida considera impropio dun estado de dereito que o concello non aplique a súa propia normativa. Non cabe dúbida que toda acción encamiñada a promover que se incorporen vivendas ao mercado de aluguer incrementará a oferta e, xa que logo, baixaran os prezos para que estes señan accesibles para as familias traballadoras o que permitirá avanzar no dereito constitucional do acceso á vivenda que os poderes públicos deben favorecer. Neste sentido, cabe subliñar que moitas das vivendas baleiras o están non por falta de demanda, senón polos altos prezos que impoñen certos propietarios que levan anos especulando coa vivenda.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”non so esiximos que se cumpra a normativa, senón que pulamos por incrementar o recargo do IBI para as vivendas baleiras até o 50% tal e como permite a lei e xa incluímos nas alegacións ás ordenanzas fiscais do 2012. Neste sentido, e para evitar que teñan que pagar o recargo os propietarios que realmente teñan intención de alugar a prezo xusto propoñemos que EMVSA desenvolva un servizo de xestión integral do aluguer que permita aos propietarios ceder as vivendas a unha bolsa de aluguer social na que a cambio de aceptar unha renda xusta, libéranse de todo tipo de trámite xurídico-administrativo e reciben o garante municipal de devolución da vivenda nas mesmas condicións nas que se entregaron.

 

Relacionados