Recepción de urbanización e licencia de 1ª utilización “Pazo das Condesas”.

 

Esta situación se ven arrastrando dende faí moitos anos, no ano 2002, a Xunta de Goberno Local por unanimidade denegou a solicitude de Mahía de devolución parcial do aval  depositado no Concello que garante as condicións de urbanización, por non cumplir as condicións esixidas.

Dende aquel momento, segundo a información da Alcaldía,no día de hoxe, a promotora non voltou a solicitar a devolución do aval que garante as condicións da urbanización, nin atendeu os requerimentos realizados, polo tanto a situación é a mesma que dende aquel ano.

Hoxe, a xunta de portavoces acordou a petición de tódolos grupos da oposición que se retome o estudo das diferentes  posibilidades que a lei contempla para dar unha saída satisfatoria as/os veciñas/os que viven na urbanización “Pazo das Condesas”.

Como é obvio, todalas saídas que contempla a lei pasan polo cumplimento da promotora das condicións esixidas na memoria de urbanización, e que tódolos grupos da oposición demandamos que cumpla.

Relacionados